DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: 12 Years a Slave.

Ano: 2013.

Nacionalidade: EE.UU. e Reino Unido.

Xénero: Biografía / Drama / Historia.

Duración: 134 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 16 anos.

Dirección: Steve McQueen.

Produción: Dede Gardner, Anthony Katagas, Jeremy Kleiner e Steve McQueen.

Guión: John Ridley e Solomon Northup.

Fotografía: Sean Bobbitt.

Música: Hans Zimmer.

Reparto: Chiwetel Ejiofor, Dwight Henry, Dickie Gravois, Bryan Batt, Ashley Dyke, Kelsey Scott, Quvenzhané Wallis, Cameron Zeigler, Tony Bentley, Scoot McNairy, Taran Killam, Christopher Berry, Bill Camp, Mister Mackey Jr., Chris Chalk.

SINOPSE:

Baseada nun feito real acontecido en 1850, narra a historia de Solomon Northup, un culto músico negro que vivía coa súa familia en Nova York. Tras tomar unha copa con dous homes, Solomon descobre que o drogaron e secuestraron para ser vendido como escravo nunha plantación de Louisiana. Solomon contempla como todos ao seu arredor sucumben á violencia e á desesperación. Pero el decide non renderse e agardar a que chegue o momento oportuno para recuperar a liberdade e volver coa súa familia.

 

Baixar o filme


Tráiler subtitulado en español

Tráiler en inglés