DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: 18 ans après

Ano: 2003

Nacionalidade: Francia

Xénero: Comedia

Duración: 90 minutos

Dirección: Coline Serreau

Guión: Coline Serreau

Fotografía:J ean-François Robin

Música: Coline Serreau

Reparto: André Dussollier, Roland Giraud, Michel Boujenah, Madeleine Besson, Line Renaud, James Thierrée, Ken Samuels, Philippine Leroy-Beaulieu, Lolita Chammah, Gregoire Lavollay-Porter

SINOPSE:

Marie (Madeleine Besson) e os seus tres desacougados pais examínanse do bacharelato. Marie aproba, e vai pasar o verán no sur de Francia con Sylvia (Philippine Leroy-Beaulieu), a súa nai, que regresou de Estados Unidos. A Sylvia acompáñaa o seu dinámico marido californiano, que ten dous fillos. Créanse e rómpense os primeiros amores fronte a ollada estupefacta dos tres pais, que ven como Marie deixa a súa nenez atrás e como as súas propias relacións coas mulleres se complican de xeito grave.