DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Molly: An American Girl on the Home Front

Ano: 2006

Nacionalidade: EUA

Xénero: Drama, familia, guerra

Duración: 85 min.

Dirección: Joyce Chopra

Produción: American Girl, Disney Channel, Red Om Films.

Guión: Anna Sandor (baseado nos libros "Molly: An American Girl" de Valerie Tripp) 

Fotografía: Brooke Palmer

Música: Chris Hajian

Reparto: Maya Ritter, David Aaron Baker, Tory Green, Sarah Manninen, Genevieve Farrell, Andrew Chalmers, Molly Ringwald, Hannah Fleming, Geri Hall.

SINOPSE:

Molly é unha nena no ano 1944. A chegada da 2ª Guerra Mundial traerá moitos cambios na vida de Molly e a súa familia norteamericana. O seu pai, o doutor James McIntire marcha ao fronte e ela non tardará en facerse amiga de Emily, unha nena inglesa que escapou dos bombardeos na Gran Bretaña, e á que acollen na súa casa de Illinois, onde ademais se inscribirá nun concurso de baile.