DATOS DA PELÍCULA:
Título orixinal: Amundsen.
Ano: 2019.
Nacionalidade: Noruega, Suecia, República Checa.
Xénero: Biografía / Drama / Historia.
Duración: 125 minutos.
Idade recomendada: Maiores de 7 anos.
Dirección: Espen Sandberg.
Produción: John M. Jacobsen e Kristian Strand Sinkerud.
Guión: Ravn Lanesskog.
Fotografía: Pål Ulvik Rokseth.
Música: Johan Söderqvist.
Reparto: Pål Sverre Hagen, Christian Rubeck, Katherine Waterston, Fridtjov Såheim, Mads Sjøgård Pettersen, Ole Christoffer Ertvåg, Jonas Strand Gravli, Eirik Evjen, Trond Espen Seim, Ida Ursin- Holm, Herbert Nordrum, Glenn Andre Kaada, Kenneth Åkerland Berg, Ted Otis, Adrian Lukis, Luca Calvani.
SINOPSE:
Roald Amundsen (Pål Sverre Hagen), o ambicioso explorador noruegués está decidido a facer unha expedición ao Ártico Polar para adiantarse aos británicos, que pretenden incorporar a Antartida ao seu imperio. A pesar dos consellos que lle dá o seu círculo de amigos, decide facer a viaxe custe o que custe, aínda que teña que mentir e enganar á xente que o acompaña.
Cando chegan alí, atopan unha imaxe moi diferente. As temperaturas, as condicións meteorolóxicas e os perigos derivados de ambas convértense nun obstáculo que lles custará a vida a moitos. Cando as mortes comezan a producirse, Admundsen abandona o seu equipo, deixao para sobrevivir.
León Admundsen (Christian Rubeck), axudado por Bess Magids (Katherine Waterston), unha moza inqueda con experiencia previa en climas extremos, tratará de rescatar aos superviventes e reparar os danos causados polo seu irmán.
Baixar o filme
Tráiler en castelán