DATOS DA PELÍCULA:
Título orixinal: Ball of Fire
Ano: 1941
Nacionalidade: Estados Unidos.
Xénero: Comedia. Romance
Duración: 112 minutos.
Idade recomendada:
Dirección: Howard Hawks
Produción:
Guión: Billy Wilder, Charles Brackett (Historia: Billy Wilder, Thomas Monroe)
Fotografía: Gregg Toland
Música: Alfred Newman
Reparto: Gary Cooper, Barbara Stanwyck, Oskar Homolka, Henry Travers, Tully Marshall, Richard Haydn, S.Z. Sakall, Audrey Mather, Dana Andrews, Dan Duryea, Ralph Peters, K. Howard, Mary Field, C. Lane.
SINOPSE:
Grazas á doazón dun cuarto de millón de dólares, un grupo de profesores estrafalarios, todos solteiros salvo un que é viúvo, traballan na elaboración dunha enciclopedia do saber humano. Cando o traballo se atopa xa nunha fase bastante avanzada, a visita sorpresa dunha bailarina de cabaret failles reformularse o seu labor, pois caen na conta de que viven de costas ao mundo.