DATOS DA PELÍCULA:
Título orixinal: Edison
Ano: 2005
Nacionalidade: EE.UU.
Xénero: Thriller
Duración: 97 minutos
Idade recomendada: Maiores de 18 anos
Dirección: David Burke
Produción: Randall Emmett, George Furla e John Thompson
Guión: David Burke
Música: Machine Head
Reparto: Morgan Freeman, LL Cool J, Kevin Spacey, Justin Timberlake, Dylan McDermott, John Heark, Cary Elwes, Roselyn Sánchez, Piper Perabo
SINOPSE:
O axente Raphael Deed e o seu veterano compañeiro, o sarxento Lazerov, levan a cabo unha redada no agocho de Rook, un traficante de drogas. Os axentes requisan o alixo de estupefacientes, cartos e armas, advertíndolles aos xefes das mafias que manteñan a boca pechada. Un deles resístese, Lazerov dispáralle e, cando está a piques de eliminar a outro, Deed deteno. Pero salvarlle a vida vaille traer moitas complicacións. O xornalista Josh Pollack investiga o asasinato do traficante, xa que sospeita que hai algo turbio detrás do crime.