DATOS DA PELÍCULA:
Título orixinal: Cold Heart.
Ano: 2001.
Nacionalidade: EE.UU.
Xénero: Thriller.
Duración: 88 minutos.
Idade recomendada: Maiores de 18 anos.
Dirección: Dennis Dimster-Denk.
Produción: Mark Boot e Boaz Davidson.
Guión: Zvia Dimbort e Dennis Dimster.
Fotografía: Philip Holahan.
Música: Bill Wandel.
Reparto: Nastassia Kinski, Jeff Fahey, Josh Jolloway, Hudson Leick, Janne Campbell, Lincoln Myerson, Bob Sattler.
SINOPSE:
Linda, unha muller felizmente casada e satisfeita co seu traballo, parece telo todo para ser unha persoa completamente feliz. Non obstante, todo parece virse abaixo cando comeza a sospeitar que o seu home a engana con outra muller e a súa vida comeza a dar un xiro de 180 graos cando a súa socia contrata un atractivo axudante que se desfai en atencións con ela. Con todo, nada é o que parece e Linda deberá tomar unha difícil decisión.