DATOS DA PELÍCULA:
Título orixinal: Doraemon Nobita no Dai makyoi (Doraemon: Nobita's Great Demon)
Ano: 1982
Nacionalidade: Xapón
Xénero: Animación. Aventuras
Duración: 92 minutos
Idade recomendada: Tódolos públicos
Director: Hideo Nishimaki
Guión: Hiroshi Fujimoto, Motoo Abiko
Música: Shunsuke Kikuchi
SINOPSE:
Non hai nada imposíbel para o peto máxico de Doraemon, e moito menos cando se trata de usa-los seus inventos para vivir as peripecias máis abraiantes. Hai algún lugar onde o home non fose xamais? A porta máxica do gato robot conduce os nosos amigos ao centro de África, xustamente ata o Bosque dos Fumadores, unha selva cuberta por unha espesa néboa que impide que os satélites tomen fotografías. Nobita e os seus amigos saben que, se existe un mundo por descubrir, atoparase aí.