DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Der Junge muss an die frische Luft.

Ano: 2018.

Nacionalidade: Alemaña.

Xénero: Biografía / Comedia / Drama / Historia.

Duración: 100 minutos.

Idade recomendada: Tódolos Públicos.

Dirección: Caroline Link.

Produción: Hermann Florin, Nico Hofmann e Sebastian Werninger.

Guión: Ruth Toma. Libro: Hape Kerkeling.

Fotografía: Judith Kaufmann.

Música: Niki Reiser.

Reparto: Luise Heyer, Sönke Möhring, Martina Eitner-Acheampong, Diana Amft, Elena Uhlig, Joachim Król, Rudolf Kowalski, Birge Schade, Ursula Werner, Maren Kroymann, Hedi Kriegeskotte, Julius Weckauf, Kathrin von Steinburg, Theresa Schneider, Eva Verena Müller, Katharina Hintzen.

SINOPSE:

Conta a historia dun dos humoristas máis apreciados de Alemaña. A infancia de Hape Kerkeling, segundo relatan as memorias nas que se basea a película, estivo chea de humor, pero ao mesmo tempo estivo marcada por experiencias dolorosas e traumáticas na República Federal dos anos 60 e 70. A súa nai sufriu episodios de profunda depresión e o máis difícil era facela sorrir, mentres que coa avoa o cativo tiña unha relación moi especial. Dende moi pequeno, tentou entreter aos seus compañeiros con divertidas parodias, propoñéndose facer rir a todos despois do suicidio da súa nai, cando apenas tiña oito anos.

 

Baixar o filme


Tráiler en español

Tráiler subtitulado en español