DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Gran Torino.

Ano: 2008.

Nacionalidade: EE.UU., Alemaña, Australia.

Xénero: Thriller / Drama.

Duración: 108 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 12 anos.

Dirección: Clint Eastwood.

Produción: Clint Eastwood, Bill Gerber.

Guión: Nick Schenk e Dave Johannson.

Música: Kyle Eastwood e Michael Stevens.

Reparto: Clint Eastwood, Christopher Carley, Bee Vang, Ahney Her, John Carroll Lynch, Cory Hardrict, Brian Haley, Geraldine Hughes, Brian Howe,

SINOPSE:

Walt Kowalski, un veterano da guerra de Corea, é un obreiro xubilado do sector do automóbil que enviuvou recentemente. A súa máxima paixón é coidar do seu máis prezado tesouro: un coche Gran Torino de 1972. É un home inflexible e rabechudo, a quen lle custa traballo asimilar os cambios que se producen ao seu arredor, especialmente a chegada de multitude de inmigrantes asiáticos ao seu barrio. Con todo, as circunstancias farán que se vexa obrigado a reformular as súas ideas.


Anaco en galego

Anaco en galego