DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Mia and the White Lion.

Ano: 2018.

Nacionalidade: Francia, Alemaña, Sudáfrica.

Xénero: Aventura / Drama / Familiar.

Duración: 98 minutos.

Idade recomendada: Tódalas idades

Dirección: Gilles de Maistre.

Produción: Gilles de Maistre, Jacques Perrin e Stéphane Simon.

Guión: Prune de Maistre, Will Davies, Gilles de Maistre e Jean-Paul Husson.

Fotografía: Brendan Barnes.

Música: Armand Amar.

Reparto: Daniah De Villiers, Mélanie Laurent, Langley Kirkwood, Ryan Mac Lennan.

SINOPSE:

Unha moza que se mudou cos seus pais de Londres a África desenvolve unha ligazón sorprendente e especial cun león salvaxe. A súa incrible amizade lévaa a viaxar pola sabana para salvar á súa mellor amiga. Dende que era pequena, Mia (Daniah De Villiers) comeza unha relación extraordinaria con Charlie, un cachorro de león branco nacido na granxa de leóns dos seus pais en Sudáfrica. Durante varios anos, crecerán xuntos e vivirán unha amizade incondicional.

Cando ela cumpre 14 anos e Charlie xa se converteu nun fermoso león adulto, Mia descobre que o van vender. Sabendo que o seu amigo está en perigo, Mia e o león emprenden unha viaxe pola sabana na procura dunha terra onde Charlie poida vivir en liberdade.

 

Baixar o filme


Tráiler en español

Tráiler en francés