DATOS DA PELÍCULA:
Título orixinal: Bulletproof monk
Ano: 2003
Nacionalidade: EUA
Xénero: Acción
Duración: 104 minutos
Idade recomendada: Maiores de 13 anos
Dirección: Paul Hunter
Produción: Terence Chang, Charles Roven, Douglas Segal e John Woo
Guión: Ethan Reiff e Cyrus Voris
Fotografía: Stefan Czapsky e Anthony Noce
Música: Eric Serra
Reparto: Chow Yun-Fat, Seann William, Jaime King, Karel Roden e Victoria Smurfit
SINOPSE:
O Monxe é un mestre zen de artes marciais e o seu deber foi o de protexer un antigo pergamiño de gran poder, un misterioso aparello que posúe a chave para acadar un poder sen límites. Agora ten que atopar o que será o próximo gardián do tesouro e a súa busca lévao até os Estados Unidos. Semella que segundo unha antiga profecía o sucesor do Monxe é un mozo encantador, que coñece ben as rúas, chamado Kar.
Mentres o Monxe instrúe a Kar no camiño que ten que seguir un protector, esta insólita parella convértense en compañeiros para protexer o pergamiño dun implacábel cazador de grande poder que vai tras del desde hai sesenta anos.
Trailer en español