DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: El sueño de la sultana.

Ano: 2023.

Nacionalidade: España e Alemaña.

Xénero: Animación / Drama / Fantástico.

Duración: 86 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 7 anos.

Dirección: Isabel Herguera.

Produción: Pilar Díaz Pardo.

Guión: Isabel Herguera, Gianmarco Serra.

Fotografía: Eduardo Elosegi Erdozia.

Música: Gianmarco Serra.

SINOPSE:

Inés é unha moza donostiarra incapaz de soñar e un pouco perdida que descobre accidentalmente o libro "O soño da sultá" onde se describe o país das mulleres, un lugar onde as mulleres son todas científicas e teñen o poder mentres os homes están encerrados na casa, limitados pola súa ignorancia. Fascinada por este clásico da literatura utópica feminista, e pola súa autora, a escritora e activista musulmá Begum Rokeya Hossain, Inés emprende unha viaxe iniciática pola India na procura das pegadas da autora e do País das Mulleres.

 

Baixar o filme


Tráiler en español