DATOS DA PELÍCULA:
Título orixinal: Romeo Must Die
Ano: 2000
Nacionalidade: Estado Unidos
Xénero: Acción
Duración: 106 minutos
Idade recomendada: Maiores de 13 anos
Dirección: Andrzej Bartkowiak
Produción: Joel Silver, Jim Van Wyck
Guión: Mitchell Kapner, Eric Bernt
Música: Stanley Clarke
Reparto: Jet Li, Aaliyah, Isaiah Washington, Russell Wong, DMX, Delroy Lindo,...
SINOPSE:
A trama sitúase no porto de Oakland, onde dúas mafias (unha chinesa e outra afroamericana) vense envoltas nunha espiral de morte e violencia polo control duns terreos. A situación complícase cando é asasinado un dos fillos do capo chinés. O irmán do morto, un ex policía encarcerado inxustamente, escapará da prisión de Hong Kong para salvar a súa familia e vingar o asasinato en terras californianas.