DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Scooby-Doo and the Alien Invaders.

Ano: 2000.

Nacionalidade: EE.UU.

Xénero: Animación / Aventuras / Comedia.

Duración: 69 minutos.

Idade recomendada: Tódolos Públicos.

Dirección: Jim Stenstrum.

Produción: Davis Doi.

Guión: Davis Doi e Glenn Leopold.

Fotografía: Rob Desales.

Música: Louis Febre.

SINOPSE:

Unha noite mentres viaxan polo deserto de Nevada unha tormenta de area desvíaos do camiño, facendo que perdan o control do vehículo logo do encontro cun OVNI, causando que o grupo termine nos arredores dun poboado. Á mañá seguinte o grupo decátase por parte da xente do lugar que o pobo parece estar invadido de OVNIs dende que o Goberno instalase unhas antenas para a procura de vida extraterrestre, xa que polas noites vense pratos voadores, luces e misteriosos sons, até algunhas persoas foron secuestradas. Isto fai que os mozos investiguen que está pasando, a súa investigación levaraos a través de outeiros no deserto e covas subterráneas para descubrir todo un encubrimento que realizou o Goberno sobre a presenza de vida extraterrestre.

 

Baixar o filme


Tráiler en inglés