DATOS DO FILME:
Título orixinal: Zarafa
Ano: 2012
Xénero: Animación
Idade recomendada: Tódalas idades
Duración: 78 minutos
País: Francia
Dirección: Rémi Bezançon, Jean-Christophe Lie
Produción: Prima Linéa Productions
Guión: Rémi Bezançon, Jean-Christophe Lie
SINOPSE:
Relata unha historia inspirada nun feito histórico. Maki é un neno de dez anos que se fixo amigo de Zarafa, unha xirafa orfa, ofrecida polo paxá de Exipto ao rei de Francia, Carlos X, para que lle axude a liberar Alexandría dos invasores turcos. Maki acompaña a Zarafa na súa viaxe entre Alexandría e París, atravesando o deserto, viaxando nun globo, navegando nun barco pirata, descubrindo neve nos Alpes, loitando contra lobos, coñecendo o rei de Francia e, ao final, sendo perseguido e máis tarde feito prisioneiro por un temible traficante de escravos. Porén, Maki só ten unha idea na cabeza: levar a Zarafa de volta a África. Para iso, Maki irá de aventura en aventura e contará coa axuda dos seus amigos: o beduíno Hassan, o aeronauta Malaterre, as vacas Mounh e Sounh, e a pirata Bouboulina.
Tráiler en italiano
Tráiler en euskera