DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: The Charge at Feather River.

Ano: 1953.

Nacionalidade: EE.UU.

Xénero: Oeste.

Duración: 92 minutos.

Idade recomendada: Tódolos Públicos.

Dirección: Gordon Douglas.

Produción: David Weisbart.

Guión: James R. Webb.

Fotografía: J. Peverell Marley.

Música: Max Steiner.

Reparto: Guy Madison, Frank Lovejoy, Helen Westcott, Vera Miles, Dick Wesson, Onslow Stevens, Steve Brodie, Ron Hagerthy, Fay Roope, Neville Brand, Henry Kulky, Lane Chandler, Fred Carson, James Brown, Ralph Brooke.

SINOPSE:

Rematada a guerra de Secesión, os movementos de poboación viran cara ao Oeste e o ferrocarril estase a construír en terras Cheyenne, polo que o exército ten que destinar os seus continxentes a defender eses territorios. Ante a carencia de efectivos, o coronel do forte pídelle a Archer, civil que participara na guerra, que dirixa unha expedición de rescate formada por homes pouco expertos coa finalidade de liberar a dúas mulleres que foran secuestradas polos indios hai anos.

 

Baixar o filme


Tráiler en inglés