DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Lo chiamavano Trinità

Ano: 1970

Nacionalidade: Italia

Xénero: Comedia/Oeste

Duración: 110 min

Idade recomendada: Tódolos públicos

Director: Enzo Barboni

Guión: Enzo Barboni

Música: Franco Micalizzi

Fotografía: Aldo Giordani

Reparto: Terence Hill, Bud Spencer, Farley Granger, Elena Pedemonte, Steffen Zacharias, Dan Sturkie, Gisela Hahn

SINOPSE:

Despois de atravesar medio deserto, Trinidade, un tipo moi destro co revólver, descobre que o seu irmán maior, outro lampantín coma el, é agora o sheriff dunha pequena vila. Como non ten nada urxente que facer, o viaxero decide quedar a comer e descansar por algún tempo.