DATOS DA PELÍCULA:
Título orixinal: Happy Feet Two.
Ano: 2011.
Nacionalidade: Australia.
Xénero: Animación / Comedia / Familiar / Musical.
Duración: 100 minutos.
Idade recomendada: Tódolos públicos.
Dirección: George Miller.
Produción: Bill Miller, George Miller e Doug Mitchell.
Guión: George Miller, Gary Eck, Warren Coleman e Paul Livingston.
Fotografía: Christian Gazal.
Música: John Powell.
SINOPSE:
Mumble, o mestre de Tap e a súa amada Gloria, teñen un problema co seu pequeno fillo Erik, que ten fobia ao baile. Un día Erik fuxe do seu fogar e atópase co poderoso Sven, un pingüín que pode voar!.
Mumble non ten ningunha esperanza de poder competir cun personaxe tan carismático, mais as cousas póñense peor cando o mundo é sacudido por unhas forzas poderosas. Erik terá entón que tentar reunir aos pingüíns de varias partes do mundo e a todo tipo de criaturas fabulosas como Krill, un xigante elefante mariño, para intentar solucionar o problema.
Trailer en portugués