DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Hollywood Homicide.

Ano: 2003.

Nacionalidade: EE.UU.

Xénero: Acción / Comedia / Crime.

Duración: 116 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 12 anos.

Dirección: Ron Shelton.

Produción: Lou Pitt e Ron Shelton.

Guión: Robert Souza, Ron Shelton.

Fotografía: Barry Peterson.

Música: Alex Wurman.

Reparto: Harrison Ford, Josh Hartnett, Lena Olin, Bruce Greenwood, Isaiah Washington, Lolita Davidovich, Keith David, Master P, Gladys Knight, Lou Diamond Phillips, Meredith Scott Lynn, Tom Todoroff, James MacDonald, Kurupt, André Benjamin.

SINOPSE:

Joe Gavilan e K. C. Calden, dous axentes do departamento de policía dos Ánxeles, están a levar a cabo as investigacións sobre os asasinatos dunha coñecida banda de rapeiros. Gavilan, desilusionado á vez que tenaz, está no cumio da súa carreira profesional, pero a súa vida persoal estase a vir abaixo. Gaña tamén a vida como axente inmobiliario. O seu novo compañeiro, Calden, semella estar máis interesado na súa actividade como instrutor de ioga e as súas aspiracións a actor, que na importan te investigación que están a levar a cabo. Por outra parte, o mozo quedara bastante traumatizado pola estraña morte do seu pai, que tamén era policía. Por se foran poucos os seus problemas, Bennie Macko, un axente de asuntos internos, intentará po ñerlle as cousas máis difíciles a Gavilan.

 

 

Baixar o filme


Tráiler en inglés

Tráiler subtitulado en español