DATOS DA PELÍCULA:
Título orixinal: Revolução sem sangue.
Ano: 2024.
Nacionalidade: Portugal.
Xénero: Drama / Historia / Biografía.
Duración: 98 minutos.
Idade recomendada: Maiores de 16 anos.
Dirección: Rui Pedro Sousa.
Produción: Nuno Rocha, Roberto Santos, Victor Santos, Rui Pedro Sousa.
Guión: Rui Pedro Sousa, Amp Rodriguez.
Fotografía: Pedro Negrão.
Música: Pedro Marques.
Reparto: Helena Caldeira, Diogo Fernandes, Rafael Paes, Rui Pedro Sousa, Dinarte de Freitas.
SINOPSE:
João Arruda é un estudante dos Azores na Universidade de Lisboa e está interesado no marxismo e a filosofía política. Fernando Giesteira traballa de camareiro coa esperanza de estudar despois. Fernando Reis é un soldado que chega a Lisboa por uns días. O camiño dos tres mozos, esperando máis liberdade no país, lévaos diante da sede da Polícia Internacional e de Defensa do Estado (PIDE), en Lisboa, o día 25 de abril de 1974. Alí, António Lage traballa como funcionario, pero os seus escrúpulos vólvense insoportables ao presenciar a tortura dunha moza (Inês) e decide abandonar o seu posto. Mentres a radio informa de que na cidade se está a producir unha concentración crecente da poboación apoiada polo exército, o director da PIDE decide queimar documentos comprometedores e deixar que Inês sexa liberada pola mañá.
Baixar o filme
Tráiler en portugués
Tráiler en potugués