DATOS DA PELÍCULA:
Título orixinal: Quo Vado?
Ano: 2016.
Nacionalidade: Italia.
Xénero: Comedia.
Duración: 90 minutos.
Idade recomendada: Tódolos Públicos.
Dirección: Gennaro Nunziante.
Produción: Pietro Valsecchi.
Guión: Gennaro Nunziante, Checco Zalone.
Fotografía: Francesco Di Giacomo, Valerio Evangelista.
Música: Checco Zalone.
Reparto: Checco Zalone, Eleonora Giovanardi, Sonia Bergamasco, Maurizio Micheli, Lino Banfi, Massimiliano Montgomery, Angelica Napa, Adam Nour Marino, Fabio Casale.
SINOPSE:
Narra as peripecias dun funcionario dunha administración provincial, con 15 anos de servizo, que se adica á rutineira pero cómoda tarefa de expedir as licenzas de caza a pesca. Vive feliz na casa dos seus pais, mimado pola súa nai e cunha noiva coa que non ten intención de casar nin de ter fillos. Pero o seu mundo derrúbase cando o Estado decide eliminar as provincias. Antes que recibir unha indemnización e buscar outro traballo, o protagonista acepta varios traslados a rexións remotas de Italia e, finalmente, mesmo asume trasladarse a Noruega para traballar como gardián dunha estación científica italiana no Polo Norte.
Baixar o filme
Tráiler en galego
Tráiler lendado en español